5 terminais Android forman a oferta de R de outubro

mobilesoutubro

O catálogo de móbilR vénse de actualizar coas ofertas de outubro, incluíndo novos terminais e ofertas que, en combinación co amplo abano de tarifas que vimos hai uns días , fan que teñamos un trebello adaptado a cada peto.

lg g3 fragas do eumeNa gama alta destaca a presenza do Samsung Galaxy S5 e do LG G3, dous dispositivos loitan na mesma Liga de Extraordinarios. O S5 destaca pola súa resistencia á auga, a integración de lector de pegada dixital e unha calidade fotográfica sobresaínte. Pola súa banda, o LG G3 ten a mellor pantalla que podemos atopar no mercado e un espectacular deseño compacto e premium; tamén a súa cámara traseira con láser conseguirá uns resultados perfectos en calquera circunstancia. Non vos perdades as nosas análises:

Coa oferta de R podemos facernos co LG G3 a un prezo moi competitivo (p.e. 9,5 €/mes durante 24 meses coa Tarifa Plana 24) e o Galaxy S5 un chis máis caro (16 €/mes durante 24 meses coa mesma tarifa).

review galaxy s4

Sen abandonar a gama alta temos tamén o Samsung Galaxy S4, o anterior buque insignia da compañía coreana. E é que ás veces son os grandes olvidados, mais na meirande parte dos casos os gama alta da tempada anterior son os mellores gama media do ano en curso. Está dispoñíbel por 6 €/mes en 24 cotas coa Tarifa Plana 24, aínda que hai moitas outras opcións de prezo. Podedes ler a nosa análise do trebello nesta ligazón.

Os dispositivos máis modestos da oferta mensual de móbilR son o LG G90 e o Samsung Galaxy Trend 2.

O primeiro deles está dispoñíbel a 0 € coa Tarifa Plana 24 (tamén hai outras opcións) e é un dispositivo moi a ter en conta polo perfil de usuario medio de smartphone. Dispón de pantalla de 4,7 polgadas, procesador quad core a 1,2 GHz e cámara principal de 8 megapíxeles.

galaxy trend 2

Finalmente, o Galaxy Trend 2 é a opción máis modesta, orientado a un perfil de usuario básico. Ten unha pantalla de 4 polgadas,, procesador dual core a 1,2 GHz e cámara de 3,5 megapíxeles. Está dispoñíbel por 0 € na práctica totalidade das tarifas.

Vía

Sobre o autor

4 Comments

  1. Rubenix 2 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 2 Outubro, 2014 Responder
  2. Bea 12 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 12 Novembro, 2014 Responder

Reply