Unha pequena infografía vén de adiantar as datas nas que o Samsung Galaxy Note 4 estará á venda en todo o mundo. No que atinxe ao noso País, o novo trebello do fabricante coreano poderémolo mercar desde o 17 de outubro.
Este dispositivo incorpora unha pantalla de 5,7 polgadas (2560 x 1440), procesador de catro núcelos a 2,5 GHz, 3 GB de RAM, 16, 32 ou 64 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB e cámaras de 16 e 2 megapíxeles. Ten 3220 mAh de batería con carga rápida (50% en 30 minutos) e é compatíbel coas redes LTE Cat 6.
A liña Galaxy Note é sen dúbida unha das mellores opcións para os usuarios máis esixentes e profesionais que precisan estar sempre conectados.