O obxectivo de Orange durante moitos anos foi situarse como segundo operador en número de liñas móbiles a nível Estado, posto ocupado por Vodafone desde o seu nacemento como Airtel.
Segundo confirman os datos da CNMC (antiga CMT), desde o pasado mes de xullo Orange conta con 26.299 liñas máis ca Vodafone, o que supón apenas un 0,05% de diferenza. Porén, pouco vai durar o reinado da operadora laranxa, xa que cando Vodafone integre as máis do millón de liñas de Ono volverá a situarse no segundo lugar.
Na actualidade as 52.598.286 liñas móbiles repártense do seguinte xeito:
- Movistar: 17.010.286
- Orange: 11.939.811
- Vodafone: 11.913.512
- Yoigo: 3.534.605
- OMVs: 8.200.073
As loitas de poder dos próximos meses entre os operadores van ser máis duras que nunca nun momento no que tentan aunar todos os servizos nun mesmo contrato. A medio prazo veremos como moitos OMV acabarán por desaparecer a non ser capaces de competir con ofertas de só móbil.
Mención á parte é o tema Yoigo, en venda desde hai moitos meses e sen comprador á vista logo de que Orange decidise facerse con Jazztel. Conseguirá manterse nun mercado que tende de novo ao monopolio?