MiniTruco: como limpar o noso portapapeis

Ben seguro que unha das opcións que podemos empregar a cotío é o copy/paste, ben sexa para compartir textos ou links e toda es información queda almanezada no portapapeis. Por iso hoxe queremos achegarvos un pequeno truco para limpalo.

Co paso do tempo o portapapeis pode acadar un tamaño enorme que podemos xestionar dun xeito máis eficiente, non tanto polo que poda ocupar en memoria, se non máis ben por ter o terminal en orde. Para iso podemos facer unha limpeza sen empregarmos apps externas, para o que entraremos na aplicación dos sms, que vai ser a do noso exemplo, aínda que valen outras apps con caixón de entrada de texto.

Screenshot_2014-10-01-10-51-40

Unha vez nela, temos que premer sobre o caixón para entrada de texto e así vemos as opcións de pegar ou últimas copias. Esta última é a que nos interesa.

Screenshot_2014-10-01-10-52-30

Se imos a últimas copias, veremos todo o que temos gardado no portapapeis como vemos na seguinte imaxe.

Screenshot_2014-10-01-10-52-53

O único que temos que facer e premer uns segundos sobre un dos arquivos da parte inferior e aparecerán en todos esa cruz vermella coa que procederemos a borrar cada arquivo, iso si, un a un o que nos permite manter aqueles que por algún motivo non queremos eliminar.

E vós, como de ordenado tedes o voso portapapeis? 😉

ACTUALIZACIÓN

Grazas ao aviso de @searetseltev que nos dicía que no seu Nexus 4 con Kitkat 4.4.4 non vai, decatámonos que este MiniTruco non o podedes empregar todos.

Podemos afimar que no noso terminal de probas, un LG G2 e algúns terminais da familia Galaxy si podedes borrar o portapapeis como vos amosamos no artigo. Tamén estivos probando a borrar o portapapeis empregando algunha app da Play Store pero os resultados non foron os desexables, por iso nin as mencionamos.

Agradecémosvos as vosas opinións, suxerencias.. sobre como borrades vós o portapapeis no voso terminal e así axudar a todos aos que non vos axuda o noso MiniTruco.

Sobre o autor

Reply