O Moto 360 xa se pode mercar en El Corte Inglés

moto 360

Quen estivese agardando polo Moto 360 para facerse cun trebello Android Wear está de sorte. É que desde hoxe está dispoñíbel nas superficies de El Corte Inglés, ademais de na súa tenda en liña. Trátase sen dúbida dun dos smartwtaches máis agardados do momento, xunto co LG G Watch R, que coñecemos días antes do IFA de Berlín.

O Moto 360 ten un coidado deseño e conta cunha pantalla redonda de 1,56 polgadas con resolución 320 x 390 píxeles (205 ppi), procesador TI OMAP 3, 4 GB de memoria interna e 512 MB de RAM, ademais de 320 mAh de batería. A conectividade co smartphone realízase  través de Bluetooth 4.0 e ten certificación IP67 que o protexe da auga.

O seu prezo sitúase no 249 €, 50 € por riba das outras opcións con Android Wear que podemos mercar arestora na Play Store.

Sobre o autor

No Responses

Reply