O actual dispositivo referencial de LG, o LG G3, xa ten o seu irmán compacto, aínda que estamos a falar dun dispositivo con pantalla de 5 polgadas. Trátase do LG G3 S, que xa está dispoñíbel no noso País.
O trebello inspírase no G3 en canto a deseño e conta ademais con algunhas especificacións que xa vimos no citado gama alta, como o laser auto focus que mellora notabelmente a calidade das fotografías. As súas cámaras son de 8 e 1,3 Mpx para traseira e frontal, respectivamente.
Do resto características destacamos a pantalla, un panel HD IPS de 5 polgadas con resolución 1280 x 720 (294 ppi), que vén acompañada por un procesador SnapDragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A batería é de 2540 mAh, extraíbel como modelos anteriores, e vén con Android 4.4 KitKat.
O novo LG G3 S pódese mercar por 299 €, un prezo realmente competitivo para esta gama