O LG G Watch R porase á venda a próxima semana… en Corea

Onte comentamos que o Moto 360 xa se pode mercar no noso País, a través de El Corte Inglés, e hoxe xa temos información sobre a chegada ao mercado do outro moi esperado reloxo: o LG G Watch R.

O segundo reloxo intelixente de LG, tras o LG G Watch que xa analizamos, chegará ás tendas de Corea do Sur o vindeiro día 14 por uns 260 € ao cambio, polo que non sería de extranar que o seu prezo europeo fose de 275 €, o que situaría ao reloxo de LG como a opción máis cara de comezo.

Polo de agora non temos información oficial sobre a chegada deste novo dispositivo ao noso País, algo que se podería retrasar dúas ou tres semanas.

Sobre o autor

Reply