O Galaxy Note 4 chega o día 24 por 749 €, desde mañá en pre-reserva

galaxy note 4

O Samung Galaxy Note 4 xa ten data de saída e prezo no noso País. Será o 24 de outubro por 749 €, aínda que desde mañá mesmo poderase facer a pre-reserva na tenda en liña de Samsung, así como tamén a través de operadoras e revendedores.

Malia todo, esta non é a única opción para facerse co novo trebello de Samsung, xa que tamén estará dispoñíbel nos catálogos de varios operadores, unha opción coa que seguramente resulte máis económico ou, cando menos, máis doado de pagar grazas aos plans de financiamento.

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 12 Outubro, 2014 Responder

Reply