Mininovas Android: a malla da semana

Unha semana máis repasaremos dun xeito resumido algunhas novas importantes do mundo Android. Desta volta imos destacar:

Chromecast xa permite personalizar o fondo de pantalla da nosa TV.

chromecast fondo pantalla

O Chomecast ven de ser actualizado á versión 1.8.22 que fai que poidamos elixir que imaxe pór de fondo de pantalla na nosa televisión cando o conectamos a ela. Esta nova funcionalidade chamada Backdrop, permite elixir imaxes nos álbumes de Google+, imaxes de museos do Google Cultural Institute ou imaxes do NYT, The Guardian ou Saveur, por exemplo. Iso si, esta ultima posibilidade só dispoñíbel nos EUA.

Motorola déixanos facer fotos co noso móbil desde Android Wear.

motorola Android Wear

Pouco a pouco imos vendo como a este SO vanlle chegando novas funcionalidades. Da man de Motorola atopándonos cunha actualización da súa app de cámara. Con esta actualización imos poder empregar o reloxo como disparador remoto e así sair nos mesmos nas fotos, esquecendo as carreiras unha vez que configuramos o temporizador no noso smartphone.

HTC nega os rumores sobre a súa posíbel venta a TCL.

tcl china

TCL é un xigante chinés no mundo da electrónica coñecido entre outras cousas por ser o actual dono da recoñecida ALCATEL. Pola capacidade de TCL e porque HTC nos últimos anos non acada os resultados ecónomicos agardados, esta semana apareceron rumores que apuntan á posíbel oferta de TCL por HTC, feito desmentido rapidamente pola propia HTC.

Se cadra a curto prazo, HTC manterase como a coñecemos hoxe en día pero nós non descartamos nada para un futuro non tan lonxano.

Gameloft oferta 7 xogos ate o 98% de desconto.

Os xogos o que podedes atopar desde a Play Store co desconto son:
98% de desconto: El caballero oscuro, Las aventuras de Tintin, Wild Bloom e 9mm.
89% de desconto: Gangstar Vegas.
40% de desconto: The Amazing Spider-man 2 e Modern Combat 5: Blackout.

Sobre o autor

Reply