Un novo terminal de Wiko vén de aterrar no mercado Android para completar a gama de entrada, o Wiko Birdy que ademáis de ser un dispositivo cunhas boas prestacións o seu prezo faino moi competitivo.
Das súas especificacións queremos destacar o seu procesador quad-core a 1.3 GHz, 1 giga de ram e a súa pantalla con tecnoloxía IPS de 4,5″ e 480×854 de resolución. A súa memoria interna é de 4 gigas ampliábeis con tarxetas microSD de até 32 gigas e o seu sistema operativo é Android 4.4, KitKat. As cámaras son de 2 mpx para a diateira e 5 mpx para a traseira. Todo o conxunto é alimentado por unha batería de 2000 mAh.
O punto diferenciador é que ten soporte para redes 4G que cun prezo de 149€ fan desde terminal unha opción a ter en conta para aqueles usuarios que busquen un terminal básico de boas prestacións. Está dispoñíbel en dúas cores, negro e branco.