O 3 de outubro de 2013 naceu a iniciativa #AndroidEnGalego, unha campaña iniciada e coordinada desde Mallando no Android, que contou coa colaboración de diversas empresas e entidades públicas e privadas. Tras un primeiro encontro con Google, confirmóusenos o interese da compañía na iniciativa e que se estaban a dar pasos para termos algún día a ansiada tradución, aínda que evitaron dar datas concretas.
Polo camiño fóronse dando importantes avances, como a habilitación do Gmail en galego, que deu resposta a unha demanda histórica da sociedade galega. E sumado a isto, e como punto e seguido para a iniciativa que nos atinxe, hoxe podemos celebrar que por fin temos Android en Galego.
A inclusión da nosa lingua chega coa recén presentada nova versión de Android, Android 5.0 Lollipop, polo que está dispoñíbel desde o primeiro momento nos trebellos Nexus (Nexus 6, Nexus 9), os dispositivos que comercializa Google. A partir de agora, segundo vaia chegando a actualización desta nova versión aos diferentes terminais doutros fabricantes, a listaxe con soporte nativo de galego irase incrementando, polo que é cuestión de meses que todas e todos teñamos esta posibilidade nos nosos smartphones e tablets.
Co galego como lingua oficial en Android, os desenvolvedores téñeno moito máis doado para adaptar as súas aplicacións á nosa lingua, e para os usuarios todo será moito máis transparente, xa que non teremos que andar fedellando nos diferentes menús de cada vez que queiramos ter unha app na nosa lingua.
Neste día de celebración queremos agradecer o apoio que recibimos de todas e todos vós durante este tempo, axudando a xuntar 4300 sinaturas que foron enviadas ás oficinas centrais de Google e colaborando na difusión da iniciativa.
Noraboa e grazas!
Ante todo parabéns, e agora a pregunta de vago (por non buscar), sabedes calendario de actualizacións… sobre todo o da nexus 7 do 2013.
Non, será nas “próximas semanas”
Unha gran noticia!!!!
Parabéns a todos os que asinaron e sobre todo a vós polas iniciativa.
Pois son boas noticias. Alégrome moitísimo. Facía falta.
Parabéns a todos, xaora! Sabe alguén se o Nexus 5 vaise actualizar ao Lollipop? Non o merquei por non trae-lo galego.
Vai. Tes aí a listaxe de dispositivos que se actualizarán http://mallandonoandroid.com/blog/2014/10/15/terminais-5/
Irá en aumento, porque hai moitos fabricantes que aínda non se pronunciaron 🙂
O HTC One (M7) é o primeiro, é dicir, o do ano pasado que fora denominado HTC One a secas?
Grazas.
Yep
Vai ser que non trae galego…. Polo menos por agora
Estámolo mirando con Google, parece algo das imaxes de fábrica relacionado co Locale
Algunha solución? teño instalada a imaxe de fabrica e dende a preview que non aparecia nin galego nin euskera.
As preview tiñan galego. Estamos mirando que pasa coas imaxes de fábrica e agardando a ver como vén nas OTA, que segundo nos comentan é onde virá OK
Eu teño instalada a versión final (LRX21O) e non aparece.
Saúdos
Pero instalada manualmente, imaxino, ou? Interésanos saber que pasa coas OTA
Instalada manualmente, si, pero teoricamente é a versión final…
Esperemos que sí saquen unha actualización onde incluan o galego.
Coas OTA nada de nada…
Google tomouno-lo pelo.
Estamos mirando o tema http://mallandonoandroid.com/blog/2014/11/17/as-primeiras-otas-de-android-5-0-non-estan-a-incluir-o-galego/
Acabo de actualizar o nexus 4 a 5.0 en non aparece o galego como lingua para o sistema. ¿Esquéceseme algo?
Acabo de leer que estades esperando a resposta de Google. Lamento as molestias.
Un saúdo.
Boas! Recibían hoxe o moto g 2, actualicei al lollipop e non me apetece o galego, teño que descargar algún pack de idioma? Grazas polo voso traballo.
Pasar dun mobil con galego (experia u) a outro que non o ten non mola nada, é que ata o tema do corrector resulta odioso..
Ola Encarna,
confirmáronnos que pasou o mesmo ca cos Nexus de Google: na actulización a Lollipop prescindiuse do galego, pero os novos xa virán con el
Un saúdo