Esta foi a semana de Google. Coñecimos moitas novidades da compañía americana que nos van acompañar durante os próximos meses e que sempre son a opción a ter en conta canto imos mercar un gadget.
É por isto polo que pensamos facer esta táboa comparativa dos que consideramos que son as mellores opcións se estades buscando un terminal Android grande, de 5,5″ ou máis.
LG G3 | Note 4 | One Plus One | Nexus 6 | |
Polgadas Resolución ppi |
5,5 1440×2560 538 |
5,7 1440×2560 517 |
5,5 1080×1920 401 |
5,9 1440×2560 493 |
Procesador | Snapdragon 801 a 2,46 GHz | Snapdragon 805 a 2,5 GHZ / octacore Exynos 5433 a 1,3 GHz (4 Cortex A53 e 4 Cortex A57). | Snapdragon 801 a 2,5 Ghz | Snapdragon 805 a 2,7 GHz |
GPU | Adreno 330 | Adreno 420 / Mali T760 | Adreno 330 | Adreno 420 |
RAM | 2 gigas | 3 gigas | 3 gigas | 3 gigas |
ROM | 16 / 32 gigas | 16 / 32 / 64 gigas | 16 / 64 gigas | 32 / 64 gigas |
Dimensións Peso |
146,3×74,6×8,9 149gr |
153,5×78,6×8,5 176gr |
152,9×75,9×8,9 162gr |
82.98×159.26×10.06 184gr |
Batería | 3000 mAh | 3220 mAh | 3100 mAh | 3200 mAh |
Cámaras | 13 / 2,1 mpx laser autofocus estabilización óptica de imaxe dual-LED |
16 / 3,7 mpx estabilización óptica de imaxe autofocus LED flash |
13 / 5 mpx autofocus dual-LED flash |
13 / 2,1 mpx autofocus optical image stabilization dual-LED flash |
Vídeo (principal) | 2160p@30fps 1080p@30fps estabilización óptica HDR |
2160p@30fps 1080p@60fps estabilización óptica |
2160p@30fps 1080p@60fps 720p@120fps HDR |
2160p@30fps optical stabilization |
Versión de Android | Android 4.4.2, KitKat | Android 4.4.4, KitKat | CyanogenMod 11S (baseado en Android 4.4.4) | Android 5, Lollipop |
Prezo hoxe | 419€ | 749€ | 269€ | 569€ / 649€ |
Temos a sorte de ter un abano importante de trebellos Android co que cubrir as nosas necesidades xa que ademáis dos sinalados na táboa, non debemos esquecer o Galaxy S5 ou Xperia Z3 e mesmo algún terminal do ano pasado e máis axustado en tamaño e prezo como pode ser o LG G2 ou o Nexus 5.
E vós, vendo as novidades desta semana, pensades en renovar o voso terminal?
Eu, que teño un nexus 4, non penso renovalo. Funciona moi ben e ademáis que agora se vai actualizar á versión 5, teño móbil para rato.