Xa está aquí. Google vén de facer oficial o novo terminal da saga Nexus, fabricado por Motorola, o que confirma a esta compañía como un novo referente no que debe ser Android. Presentámosvos o Motorola Nexus 6.
O novo dispositivo, enmarcado nesta liña de produto outrora chamados phablets, incorpora unha pantalla de 5,9 polgadas con resolución 2560 x 1440 píxeles (498 ppi), polo que se sitúa por riba das 5,2 case que estandarizadas nos gama alta actuais. Vén equipado cun procesador Qualcomm SnapDragon 805 a 2,7 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32/64 GB de memoria interna.
No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles con soporte para gravación en 4K, mentres que a frontal queda nos 2,1 con gravación FullHD. A batería é de 3220 mAh.
Pasando a falar de conectividade e sensores, o novo Nexus inclúe soporte para as redes 4G, ademais dos típicos xiroscopio, brúxula dixital, barómetro ou de luminosidade, entre outros. A novidade está na inclusión do podómetro, sumándose ao carro da aposta polo smartphone como elemento de control da nosa saúde e vida deportiva.
Estará dispoñíbel en dúas cores (branco e negro) a finais de mes. Os prezos que se manexan son 569 € (versión 32 GB) ou 649 € (versión 64 GB).