Google presenta a Nexus 9 en colaboración con HTC

O 2014 non está a ser un ano especialmente interesante no mercado das tablets. Semella que os fabricantes elixiron poñer a mirada noutros dispositivos, nomeadamente nos reloxos intelixentes. Porén, Google quere seguir avanzando no camiño iniciado coas exitosas Nexus 7, dispositivos que deron un grandísimo resultado e boas cifras de venda, cunha nova tablet, desta vez fabricada por HTC. Falamos da nova Nexus 9.

nexus9

O novo trebello inclúe unha pantalla de 8,9 polgadas con resolución 2048 x 1440 píxeles. O seu procesador é un NVIDIA Tegra K1 de 64 bits con dobre núcleo Denver e GPU NVIDIA Kepler e as cámaras de 8 e 3 megapíxeles.

nexus9 2

Combina aluminio e plástico como materiais principais na súa fabricación. No seu deseño destaca a presenza do dobre altofalante na frontal, con tecnoloxía BoomSound, xa incluída noutros trebellos fabricados pola firma taiwanesa. Así mesmo, comercializarse un teclado que permitirá aumentar a nosa produtividade, como podedes ver na imaxe superior.

A nova Nexus 9 poderase pre-reservar desde este venres 17, aínda que a súa compra abrirase o 3 de novembro. En canto a prezos, fálase de que poderemos adquirir a versión de 16 GB por 399 € e a de 32 GB 499 € (versión WiFi) ou 569 € (WiFi+LTE).

Sobre o autor

No Responses

Reply