Todo comezou o 5 de xaneiro do 2010 cando sae ao mercado o primeiro Nexus. Froito da asociación entre Google e HTC, nace o Nexus ONE.
O Nexus ONE foi o primeiro membro dunha exitosa familia de terminais que se completa hoxe coa presentación do Nexus 6. Como vemos na seguinte táboa na que vos resumimos as principais características de cada un, e se cadra semella que pasaron moito máis de 4 anos entre o lanzamento dun e doutro.
Nexus ONE | Nexus 6 | |
Polgadas/Resolución/ppi | 3,7 / 480×800 / 252 | 5,9 / 1440×2560 / 493 |
Procesador | Qualcomm Snapdragon QSD 8250 a 1 GHz | Qualcomm Snapdragon 805 a 2,7 GHz |
GPU | Adreno 200 | Adreno 420 |
RAM | 512 megas | 3 gigas |
ROM | 512 megas máis tarxeta microSD | 32 / 64 gigas |
Dimensións/Peso | 119 x 59,8 x 11,5 mm / 130gr | 82.98×159.26×10.06 / 184gr |
Batería | 1400 mAh | 3200 mAh |
Cámaras | 5 mpx / non ten | 13 mpx / 2,1 mpx |
Vídeo | Grava en HD a 720×480 | Grava a 4K / Grava en FHD |
Versión de Android | Android 2.1, Eclair | Android 5, Lollipop |
Prezo | 529 USD (prezo de lanzamento) | 569€ / 649€ |
Dispoñibilidade | 5 de xaneiro do 2010 | Finais de outubro do 2014 |
A maiores destacamos o sistema de carga rápida que ten o Nexus 6 pois con tan só 15 minutos de conexión á corrente temos 8 horas de autonomía.
Todas as características vemos que melloran moito entre un e outro terminal nun periodo de tempo que pode parecer curto: nada ten que ver nin o hardware nin o software destes dous terminais. Botando unha ollada atrás, aqueles primeiros terminais Android que supuxeron unha revolución no xeito de interactuar co móbil, hoxe case parecen xoguetes para nenos grandes.
Deixámosvos co vídeo promocional do Nexus 6:
Gustaríanos saber se sobes ou fostes donos dalgún producto da gama Nexus e de ser así, agradecémosvos que nos deixedes a vosa experiencia nos comentarios.
Eu teño o Nexus One, a Nexus 7 [2012] e o Nexus 4.
Aínda hoxe se collo o One percibo unha boa calidade dos acabados e segue indo fluido (cunha rom, claro). Deixeino medio apartado polo famoso fallo de desgaste do botón de acendido (que solventara asignando ó botón central o de prender a pantalla). Grazas a el, empecei a ter en conta HTC.
A Nexus 7 do 2012 morreume hai uns días tras rematar a garantía hai un mes :(. De pronto empezou a reiniciarse sola e non hai maneira de recuperala nin dende recovery nin flasheando nin nada. É coma se non escribise nada na memoria (aínda que pon que sí). Sempre me gustou Asus para portátiles e por iso nin me pensei mercar a Nexus 7 no seu momento… Estaba encantado con ela e desexando poñerlle Lollypop, pero agora, pola miña parte, queda arrestada Asus para móbiles e tablets.
Nunca me falaron ben de LG e, en cambio, a min nunca me deu ningún problema en móbiles. Aínda lembro o LG Chocolate (todo negro e con botóns táctiles) e o LG Diamond (que parecía máis unha cámara de fotos que un móbil). Merquei o Nexus 4 e é o que uso agora mesmo. Estou encantado con el dende o primeiro día. De feito, trala decepción pola morte da Nexus 7, teño pedida unha LG G Pad 8.3… que non é Nexus, pero a ver que tal 😀
Boas Roi!
Por aquí témoslle bastante cariño ao Nexus One, eu en parte porque foi o meu primeiro smartphone real, mercado de estraperlo cando non se sabía sequera se ía chegar aquí.
O certo é que LG nos últimos anos fixo un traballo espectacular no campo da telefonía móbil, e non só por traballar coa liña Nexus, que con certeza supuxo un empuxón considerábel. O LG G2 foi un terminal que rachou tópicos e puxo á marca á cabeza da innovación cun produto extraordinario, malia que o seu sucesor, o G3, non o sería tanto, en certa medida pola súa autonomía.
A tablet que comentas funciona moi ben, e a capa de personalización que integra é tan lixeira que non resulta un incordio. Xa nos contarás que tal!
Apertas