Archos vén de anunciar o lanzamento dos seus primeiros lentes de realidade aumentada, os Archos VR Glasses, cos que pretenden sumarse a un grupo cada vez máis importante de empresas que se adican a esta temática, sen esquecerse do bo prezo que caracterizo á firma francesa.
Os novos lentes de Archos están pensados para se empregar conxuntamente cun teléfono de até 6 polgadas de calquera sistema operativo (Android, Windows Phone ou iOS) e a grazas a eles poderemos disfrutar de vídeos 3D 360º e transformar completamente a experiencia de xogo, somerxíndonos nel (case) como se estivéramos dentro.
Son compatíbeis con todas as aplicacións de realidade virtual (na actualidade hai algo máis de 100) e están deseñadas para ser especialmente lixeiras, con todas as vantaxes que iso supón á hora de levalas postas.
As Archos VR Glasses estarán dispoñíbeis a partir de novembro por 29,99 €.