Como sabedes, o pasado mércores presentouse Android 5.0 Lollipop, xunto aos novos Nexus 6, Nexus 9 e Asus Nexus Player. Pois ben, desde esta mesma tarde xa podemos descargar o SDK de Android 5.0 e as imaxes de fábrica para o Nexus 5 e Nexus 7 (2013).
Cómpre sinalar que as imaxes de fábrica non son a versión definitiva que chegará por OTA nas próximas semanas, senón a Final Preview (LPX13D). Están dispoñíbeis para o Nexus 5 (GSM / LTE) e para o Nexus 7 (2013) (WiFi)
Para instalar esta previa é preciso ter instalados e operativos o adb e o fastboot no noso ordenador (Linux, Windows ou Mac). Conectaremos o dispositivo ao noso computador e arrancarémolo en modo fastbook, o que faremos acendéndoo coa seguinte secuencia de teclas:
- Nexus 5: “botón acendido” + “subir volume” + “baixar volume”
- Nexus 7: “botón acendido” + “baixar volume”
A continuación abriremos a terminal ou consola de comandos, achegarémonos até o directorio onde temos a imaxe descargada e descomprimida para acabar executando flash-all.
Nota: Facede isto baixo a vosa propia responsabilidade.
Como engadido, seguindo estas instruccións non se perderían os arquivos instalados;
1- Descarga a rom correspondente.
2- Edita o arquivo “flash-all.bat” co Bloc de notas y borra “-w”
3- Borra o arquivo “userdata.img” do arquivo .zip da rom (así evitaremos que se sobrescriban os datos de usuario)
4- Poner o móvil en modo Fastboot e executar “flash-all.bat”
Que conste que eu sempre recomendo unha instalación limpa, pero e unha opción.
Terá algún cambio o SDK pra descargar agora, ca que vai vir por OTA, ou será a mesma ROM?
Porque por OTA teño entendido que descárgala co WiFi e o SDK instalase manualmente.
Saudos
Si, vai haber algún cambio