Stocard, a app que quere que deixemos as tarxetas de fidelización na casa

Queremos compartir con todos vós unha interesante aplicación coa que podemos ir esquecendo o feixe de tarxetas de fidelización que adoitamos levar hoxe na carteira, Stocard.

Quen máis, quen menos, levamos tarxetas de fidelización daqueles comercios onde facemos gasto dun xeito habitual. Estas tarxetas permítenos ter descontos interesantes pero pouco a pouco enchemos a carteira, volvéndose pouco manexábel.

Con Stocard o que facemos e acceder a unha longa listaxe de tendas, prememos sobre a que sexa do noso interese e só temos que pasar o lector polo código de barras da tarxeta (ou meter o número a man), como vemos nas seguintes capturas:

stocard 01

Stocard 02

Stocard 03

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez memorizadas as nosas tarxetas, podemos deixar a física na casa, alixeirando o peso da nosa carteira, pois do móbil hoxe en día non nos despegamos.

stocard 05

A única eiva, importante, que nos atopamos é se todas as tendas aceptan este tipo de formato para súa tarxeta de fidelización. Fixemos un pequeno traballo de investigación e a modo de exemplo podemos dicir que:

  • Aceptan Stocard: Iberia e NH Hoteles.
  • Non aceptan Stocard: Decathlon recomenda a tarxeta física ou a súa app. Springfield recomenda a súa tarxeta física ou o DNI.
  • Non temos resposta: Contactamos con El Corte Inglés, estano mirando, pero levamos días agardando resposta. Os supermercados Día, directamente ignoraron a nosa pregunta.

Stocard é unha aplicación de balde que atopamos na Play Store.

Sobre o autor

One Response

  1. Alberto 18 Outubro, 2014 Responder

Reply