Movie Edit Touch, unha sinxela app para editar vídeo

movie edit touch

Hoxe en día non temos problemas para gravar vídeo cunha calidade notábel. Cada día os terminais son máis potentes e contan con mellores cámaras. Estos son algúns dos motivos polo que podemos ter a necesidade editar un vídeo directamente desde o noso gadget sen agardar a facelo nun ordenador.

Para facer esta tarefa máis doada, queremos presentarvos Movie Edit Touch que é unha aplicación que ten como característica principal a súa sinxela interface. Con este editor de vídeo, podemos traballar con fotos ou vídeos gravados directamente co noso gadget ou nun vídeo doutro dispositivo que pasamos cunha tarxeta de memoria ao terminal.

movie edit touch

As funcionalidades básicas contemplan a posibilidade de eliminar esceas, cortar clips, engadir música de fondo,… pero podemos ampliar estas funcionalidades por só 1,99€ e así conseguir un traballo máis profesional. Máis polo miúdo destacamos:

As funcionalidades básicas:

  • Importación de imaxes e vídeos.
  • Inserción de música de fondo nos teus vídeos.
  • Arranxo e montaxe de vídeos.
  • Axuste de videoclips.
  • Efectos de transición entre escenas.
  • Reproducción de vídeo a pantalla completa.
  • Garda e carga de proxectos.
  • Edición de vídeos en MAGIX Video deluxe (aplicación para PC).
  • Transferencia de vídeo en resolución estándar.

As funionalidades premium:

  • Optimización rápida de imáxes
  • Inserción de efectos de imaxen.
  • Inserción de textos e subtítulos
  • Numerosos efectos de transición
  • Exportación de vídeo en calidad HD (720p/1080p)

Quixemos facer un pequeno vídeo a modo de proba e partindo dunhas fotos que tiñamos gardadas o resultado é o que tedes a continuación.

A calidade e reguleira, pois só usamos as funcionalidades básicas e exporta a 480p e o resto da edición fixémola con Movie Edit Touch básico e tendo en conta o resultado, a escasa dificultade e o tempo que nos levou podemos dicir que a app cumpre para tarefas de edición básicas.

Se estades interesados podedes descargar Movie Edit Touch (con funcionalidades básicas) desde a Play Store dun xeito gratuito.

Sobre o autor

Reply