Na primavera pasada a galega Primux Tech deu a coñecer o seu primeiro phablet, o Primux Beta, un dispositivo a medio camiño entre o smartphone e as tablets. Chegado o outono, e coincidindo co lanzamento do Nexus 6 que confirma a tendencia das seis polgadas como novo referente, anímanse cunha nova versión do terminal que mellora algún dos puntos febles: o Primux Beta 2.
O Beta 2 destaca especialmente polo seu tamaño, cunha pantalla QHD de 6 polgadas e resolución 690 x 540 píxeles) No que ten a ver coa potencia, atopámonos un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por tarxetas microSD de até 32 GB.
As súas cámaras son de 8 e 1,3 Mpx, ten 2300 mAh de batería, capacidade dual SIM e Android 4.4 para poñer orde a todos os seus compoñentes.
Que vos parecen este tipo de trebellos? Estamos indo moi rápido en canto a tamaño?
Primux serán todo o galegos que queiras, mais levo meses pedíndolles que se animen a inclui-lo galego nos seus dispositivos e nin caso…
O problema non é de Primux, era de Android, que non tiña opción de galego até a versión 5.0, que vén de ser lanzada agora > http://mallandonoandroid.com/blog/2014/10/15/android-en-galego/
Entón unha pregunta. Non por amolar, se non por que non entendo. Teño visto Samsung, LG, Alcatel, e algunha marca máis agora non lembro, con versións anteriores de android e a opción de galego como lingüaxe de configuración.
Como saberás, Google desenvolve as novas versións de Android e as distribúe aos distintos fabricantes de cara a que o metan nos seus trebellos. Nese momento moitos deles aproveitan para introducir cambios no software, na meirande parte dos casos de tipo estético. Porén algúns deles aproveitaron para poñer menús en galego, simulando esta opción, pero non facendo unha tradución real.
Por iso puxemos en marcha a campaña #AndroidEnGalego, pola que reclamamos a Google a tradución da base de Android (a que se distribúe aos fabricantes) ao galego. Conseguimos este obxectivo na versión 5.0,polo que a partir de agora xa temos unha tradución real á nosa lingua e é cuestión de tempo que todos os trebellos usen esta nova versión con galego dispoñible.
Tes máis información en http://androidengalego.com
Grazas pola túa sabedoría! 😉
hahaha, nada ho! para iso estamos 🙂