Huawei estrea Honor, a nova marca para Europa, con dous novos termiais

Huawei é un dos fabricantes que nos últimos meses están dando moito que falar grazas a terminais de gama media e alta a prezos moi comedidos. Porén a compañía vén de anunciar esta tarde un importante movemento de imaxe, o lanzamento da marca Honor, que empregará nos terminais que lance en Europa, nos cal imprimirá aspectos diferenciadores.

O anuncio chega ademais coa presentación de dous novos dispositivos con esta nova denominación, o Honor 6 e o Honor 3C, para competir no sector da gama alta e media, respectivamente.

huawei_honor_6_1_3

O primeiro deles, o Honor 6, incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución Full HD, procesador propio (Kirin 920) de 8 núcleos, 3 GB de memoria RAM e opcións de 16 ou 32 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD. A súa cámara principal é unha Sony de 13 Mpx e vén con 3100 mAh de batería, que sen dúbida achegará moita autonomía. Outro aspecto importante é a súa compatibilidade coas redes 4G – LTE Cat 6, que permiten conexións de até 300 Mbps.

huawei honor 3c

Por outra banda, o Honor 3C é un trebello máis modesto, aínda que bastante completo. A súa pantalla é de 5 polgadas (1280 x 720p), mentres que no seu interior atopamos un procesador Mediatek de catro núcleos a 1,3 GHz, 2 GB de memoria RAM e 4 GB de almacenaxe interno, ampliábeis por microSD de até 32 GB. Está equipado con dobre cámara, a principal de 8 Mpx con flash LED e a frontal de 5 MPx. A súa batería é de 2000 mAH e ten capacidade dobre SIM

Podemos mercar o Honor 6 por 299 €, mentres que o Honor 3C ten un PVP de 139,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply