Wolder actualiza o seu catálogo de tablets de cara a campaña de Nadal

tablets-wolder-colección-navidad

As festas de Nadal están xa a tiro de pedra, e todo apunta a que as tablets volverán estar un ano máis entre os agasallos tecnolóxicos máis habituais. Para tratar de poñérnolo un pouco máis doado (ou complicar as cousas até o infinito), Wolder vén de anunciar 10 novas tablets, coas que introducen opcións para todos os gustos.

Os novos trebellos orbitan entre as 7 e as 10, 1 polgadas, na meirande parte dos casos con procesadores de catro núcleos. Hainas con capacidades 3G e outras que só teñen WiFi. Ademais, como elemento diferenciador da marca, Wolder engadiu o chamado BigButton, un acceso directo a contidos premium exclusivos e gratuítos para os seus clientes.

A máis modesta de todas as tablets é a miTab BOSTON, que ten unha pantalla de 7 polgadas, procesador dual core, 8 GB de memoria interna, 2500 mAh de batería e un PVP de 59 €. Sen abandonar as 7 polgadas, a miTab FREEDON achega por 99 € un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna e capacidades de conexión á rede 3G. Con 7,9 polgadas, a miTab IOWA vén con procesador quad core a 1,3 GHz, 8 GB de memoria interna e un PVP de 89 €.

Entre as 9 e as 9,7 polgadas atopámonos 5 novos modelos; os tres primeiros son os de 9 polgadas.

  • miTab CHICAGO: trátase dun trebello dual core a 1 GHz, 4 GB de memoria interna e PVP 69 euros.
  • miTab PHOENIX: comparte coa CHICACO o procesador, pero vén con 8 GB de memoria interna, o que sube o seu prezo aos 79 euros.
  • miTab BALTIMORE: a BALTIMORE vén con dual core a 1,5 GHz, 8 GB de memoria e un PVP de 89 euros.
  • miTab ATLANTA: a súa pantalla é de cristal reforzado, vén con procesador de catro núcleos a 1,3 GHz e 8 GB de memoria interna. Custa 109 euros.
  • miTab HOUSTON: está equipada cun procesador quad core a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna e batería de 6000 mAh. Custa 129 euros.

Mención á parte merece a miTab ADVANCE, tamén de 9,7 polgadas, aínda que neste caso de maior resolución (2048 x 1536). Vén con procesador quad core a 1,6 GHz, 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. Custa 229 euros.

Nas 10.1 polgadas temos a miTab CLEVELAND e miTab SEATTLE, ambas con 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSDs de até 32 GB. A primeira delas custa 99 euros, mentres que a segunda sube até os 139 € por incorporar conectividade 3G.

Que vos parecen estes dispositivos? Hai algún que encaixe nas vosas necesidades?

Sobre o autor

Reply