Os GDG de Santiago e Vigo organizan sendos hackathones sobre Android Wear

android wear hackathon

A semana que vén os GDG de Santiago de Compostela e Vigo organizan sendos hackathones sobre Android Wear, que teñen como obxectivo que os participantes desenvolvan unha aplicación para esta nova plataforma. O mellor de todo é que ademais as mellores poderán optar a levar un premio. Apetece, eh? 🙂

As xornadas, malia desenvolverse en días diferentes, terán unha axenda semellante en ambas cidades, que será a seguinte:

  • 12.15h – Funcionamento básico de Android Wear
  • 12.30h – Presentacón de midiadia
  • 14.30h – Comida
  • 19.30h – Presentación de proxectos
  • 20.00h – Entrega de proxectos
  • 21.00h – Entrega de premios

Lugares e data:

  • Santiago: 06/11/2014: Sala de proxectos da ETSE (USC)
  • Vigo: 07/11/2014: Sala de xuntas da EE Telecomunicación (UVIGO)

Podedes atopar máis información nos eventos de Google+ para Santiago e Vigo.

Sobre o autor

Reply