Para disfrutarmos do 4G é imprescindíbel termos un dispositivo compatíbel, xa que non todos o son. E por suposto, estar nunha operadora que ofreza acceso a este tipo de redes. Se hai uns meses só eran os trebellos de alta gama os que ofrecían esta posibilidade, nos últimos meses foise baixando o listón ás gamas medias, facendo do 4G unha tecnoloxía máis accesíbel.
LG vén de anunciar o lanzamento en Galiza do novo LG F60, un trebello de 159 € co que poderemos acceder a Interner móbil de cuarta xeración sen ter que deixar moitos cartos.
Incorpora unha pantalla de 4,5 polgadas, un panel IPS con resolución 800 x480 píxeles (207 ppp), procesador de catro núcleos Qualcomm a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB. As súas cámaras son de 5 e 1,3 megapíxeles, a principal con flash LED.
O novo LG F60 comercialízase en dúas cores, branco e negro, e sae á venda con Android 4.4.2 KitKat, aínda que imaxinamos que actualizará a Lollipop.