Mininovas Android: a malla da semana

Android v5.0 Lollipop permitirá eliminar as apps preinstaladas das operadoras.

android-5-0-lollipop

Esta semana vimos de coñecer que Lollipop permitirá desinstalar as molestas app que inclúen os terminais cando os mercamos a través delas.

A idea de Google pasa porque no proceso de instalación do sistema, Google detectará a nosa sim e instalará as apps da nosa operadora. A novidade está en que esta instalación farase cunha nova ferramenta, Google Play Auto Installs e o bo desta é que trala instalación poderemos desinstalalas sen problema, no caso de que non nos interese desfacernos deste tipo de apps.

Cómo lles sentará o lanzamento desta nova ferramenta ás operadoras? Imaxinamos que non moi ben.

OnePlus segue con problemas co seu sistema de vendas.

one plus one

Unha vez máis One Plus ten que pedir perdón polos problemas coas reservas do One Plus One. Logo de anunciar un periodo de reserva especial no que non se precisaba convite para mercalo, como viña sendo habitual. A data sinalada era o luns día 27 e a empresa non valorou axeitadamente a demanda, volvendo os problemas polo que moitas peticións quedaron sen resposta.

Para tentar de contentar á xente que quedou sen a desexada unidade, haberá outra oportunidade o 17 de novembro. Agardamos que desta volta, todo o mundo quede satisfeito xa que a empresa non lanza un número limitado de unidades se non que garante que todos o que o desexen poden mercar un One Plus One. Verémolo.

Xiaomi adelanta a Huawei e xa é o terceiro maior fabricante mundial.

Xiaomi-Logo

Xiaomi está facendo as cousas ben, tanto que xa só ten por diante a Samsung e Apple. As cifras de vendas son as seguintes:

  • No ano 2012 vendeu 5,7 millóns de teléfonos.
  • No ano 2013 alcanzou los 18,7 millones.
  • No ano 2014 durante o primeiro trimestre vendeu 11 millóns, ao longo do segundo foron máis de 15 millones e no terceiro trimestre foron ao redor de 19 millóns.

Estas cifras son as que, como non pode ser doutro xeito, os colocan no terceiro posto a nível mundial. Ademáis temos que ter en conta, que a maior parte das vendas prodúcense na China, imaxinade a onde chegarían se comezaran a desenvolver unha rede de distribución axeitada no resto do mundo…

Whatsapp retrasa o lanzamento do seu sistema de voz para principios do 2015.

whatsapp

Segundo o seu CEO, Jan Koum integrar un sistema de voz non é doado facelo ben. Algunhas das dificultades técnicas coas que se atopan son que app non ten acceso a todos os micrófonos polo que se dificulta a cancelación de ruido. Outro dos problemas é como traballará o servizo en condicións de cobertura de datos pobre, pois por exemplo nos mercados emerxentes o normal e atopar coberturas 2G ou EDGE.

Se todo vai ben e unha vez amañados estes problemas, agardan lanzar o servizo no primeiro trimestre de 2015.

 LG aposta polos terminais sen marcos.

lg 07mm

Hoxe en día vemos como moitas empresas centran os seus esforzos en conseguir o smartphone máis delgado do mercado. LG vai por outro camiño e sen deixar de lado as dimensións, apostan por eliminar os marcos nos seus terminais.

Nesta liña, ven de presentar un prototipo que conta cun marco de só 0,7mm que ten como obxectivo poder meter o maior número de polgadas nun terminal sen disparar o seu tamaño. A tecnoloxía que desenvolveu LG chámase Neo Edge que usa adhesivo para unir o panel á placa e á unidade de retoiluminación, e así, pegando as diferentes partes ocupa menos espazo ca outro sistema de unión e poden conseguir este marco tan tan delgado.

Sobre o autor

Reply