Google Calendar recibe un necesario lavado de cara (apk)

Quen estamos afeitos a empregar os servizos de Google para organizar o noso día a día amamos Google Calendar. Porén, esta ferramenta levaba moito tempo sen recibir unha actualización importante que a puxera ao día no plano estético, mais tamén incluíndo novas funcionalidades.

calendar

Ese día chegou, e Google vén de anunciar a ansiada actualización que inclúe novas características, como a inclusión automática, se así o queremos, dos eventos que recibimos por correo electrónico, como poderían ser voos, hoteis, etc. Tamén integra Assist, unha serie de suxestións que teñen como obxectivo axudarnos aforrar tempo cando introducimos novas citas, facilitando a inclusión de títulos, persoas e lugares das mesmas.

calendar

Pero se cadra o mellor é a nova vista de eventos, moito máis visual e estética, integrando fotografías e mapas para facela agradábel á vista, algo que nos lembra moito a Google Now, un servizo que imaxinamos serviría de inspiración. A adaptación a pantallas de diferentes tamaños é total, con visionados diferentes segundo esteamos a usar unha tablet ou non teléfono con panel pequecho.

google calendar tablet

O novo Google Calendar está dispoñíbel desde hoxe en todos os trebellos con Android 5.0 Lollipop e irá chegando a outros Android con versións 4.1 ou superior nos próximas días. Non se precoupar, seguro que en breve temos o ficheiro APK dispoñíbel para a súa actualización manual 😉

Que vos parece?

[Actualización] Descarga xa o APK desde esta ligazón. Lembra que para instalalo tes que ter activadas as “orixes descoñecidas”.

Sobre o autor

Reply