O Samsung Gear S xa se pode reservar no noso País

Gear S_Circle

Cambiarías o móbil por un reloxo intelixente? Samsung cre que é o salto loxico, logo de ter varios wearables no mercado dependentes do smartphone, como o Gear Fit que analizamos hai pouco.

Hoxe ponse en prevenda o novo Gear S a través da eStore e outros puntos de venda, como FNAC, MediaMarkt, El Corte Inglés e Worten, aínda que non se recibirán até o 14 de novembro, data oficial para a súa posta á venda no noso País. Ten un PVP de 399 € e vén cuns altofalantes Gear Circle de agasallo, valorados en 129 €.

gear s + gear circle

Pero que fai ao Gear S un trebello diferente? Precisamente a súa non-dependencia do smartphone, xa que dispón de ranura para microSIM, de maneira que poderemos facelo todo desde o noso pulso. Dispón tamén de módulo GPS, o que convirte nun dispositivo ideal para facer deporte gravando as nosas rutas e aplicacións para xestionar as redes sociais, ler novas ou reproducir música.

En canto ao resto de especificacións, integra unha pantalla curva de 2 polgadas (480 x 360), procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de almacenamento interno, ademais dunha batería de 300 mAh. Emprega Tizen, un sistema operativo alternativo ao que Samsung está tentando dar saída a través dos seus wearables, quizais polo baixo consumo enerxético do mesmo.

Que vos parece este novo dispositivo?

Sobre o autor

Reply