Vodafone está a traballar arreo estes meses na mellora das súas redes móbiles para adaptalas ao 4G, unha tecnoloxía que exixe dispositivos compatíbeis, que en moitos casos só atopamos nas gamas máis altas. Por iso a operadora británica está a comercializar dispositivos máis modestos con capacidades 4G, e se hai uns días coñeciamos o Vodafone Smart 4 Max hoxe presentaron unha tablet, a Vodafone Smart Tab 4G.
O novo trebello integra unha pantalla HD IPS WXGA de 8 polgadas e procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 1,2 GHz e 64 bits. Ten 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB. As súa cámara princiapl é de 5 Mpx e ten unha batería de 4060 mAh.
Pero se cadra o máis destacado é a súa capacidade 4G, que lle permiten acadar velocidades de até 150 / 50 Mbps, aló onde haxa cobertura. Os prezos son, como cabería agardar, bastante contidos, xa que os clientes de Vodafone poden facerse cun pagamento inicial de 29 € coa tarifa de 1 GB (11 €/mes) e 4 €/mes de cota, cun compromiso de 24 meses na compañía. Quen prefira non atarse pode mercala directamente por 189 €.
INTERNET MÓBIL | ||||
TARIFA |
CUSTE INICIAL |
COTA MENSUAL | TOTAL
DISPOSITIVO |
|
1 GB | 11€/mes
IVA incluido |
29€
IVA incluido |
4€/mes
IVA incluido |
125€
IVA incluido |
3,2 GB | 24€/mes
IVA incluido |
0€
IVA incluido |
3€/mes
IVA incluido |
72€
IVA incluido |
6 GB | 30€/mes
IVA incluido |
0€
IVA incluido |
2€/mes
IVA incluido |
48€
IVA incluido |
10 GB | 42€/mes
IVA incluido |
0€
IVA incluido |
1€/mes
IVA incluido |
24€
IVA incluido |
Que vos parece este novo trebello?