Nestas tardes frías de outono, e case coa vista nunha fin de semana caseira, queremos falarvos de Applícate o conto, unha aplicación pensada para as e os pícaros da casa. É froito dacolaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP de Carballeira, un proxecto interdisciplinar de aprendizaxe por competencias.
Como ben contan as persoas responsábeis do proxecto, as e os pequechos aprenden a empregar aplicacións móbiles antes que a ler ou escribir, unha realidade que ten que se reflitir na escola. Por iso mestras e profesoras do Virxe da Saleta pensaron como podían empregar ferramentas dixitais para a docencia, idea que deu pé a Applícate o conto, unha aplicación de contos infantís no que podemos ler O problema de Mili, Un dente perdido ou A viaxe máis tola.
Os contos conxugan imaxe con texto e narración oral, que en conxunto axuda á aprendizaxe, ao tempo que elimina barreiras a persoas con discapaciade.
Applícate o conto pode empregarse tanto en tablets como en smartphones Android. É gratuíta e pódese descargar desde a Play Store.
Non debemos nunca * “AplicarNOS o conto”, igual ca non debemos * “PórNOS o sombreiro” nin * ” LavarNOS as mans” ou * “LavarNOS os dentes” etc. etc.
Iso é no castelán. En galego “POMOS O SOMBREIRO”, “LAVAMOS AS MANS”, “LAVAMOS OS DENTES” e……………..”APLICAMOS O CONTO” (ao que sexa e ao que queiramos 😉
Deberíase trocar o nome desta aplicación, porque contribúe para espallar no xa delicado galego un trazo do castelán que nunca existiu no galego.
Agradecida pola atención
Un erro no meu comentario anterior: onde pon “igual ca”, nese caso concreto quería pór “igual que”.