Microsoft cambia de estratexia e ofrece Office totalmente de balde en Android

office android

Días despois de que Microsoft anunciase un acordo con Dropbox para integrar o servizo na nube coa suite Office, o xigante tecnolóxico vén de facar un importante movemento: ofrecer de xeito totalmente gratuíto Office (Word, Excel e Powerpoint) en Android, ademais das de iPhone e iPad.

Esta novidade chegará cunha nova aplicación Android pensada para tablets, cuxo aspecto é o da imaxe superior, sacada da preview. Con este movemento Microsoft elimina a necesidade de dispór dunha conta Office 360 para poder empregar estas ferramentas (quizais as mellores?) de balde, editando documentos sen complicacións.

Aínda que a poida sorprender este movemento, temos que miralo desde a perspectiva de que os usuarios somos cada vez máis móbiles, polo que Microsoft quere que sigamos a usar as súas ferramentas e non fuxamos ás alternativas gratuítas xa existentes.

Podedes rexistrarvos xa na beta privada desde esta ligazón.

Que vos parece este movemento? Sodes usuarios deste tipo de aplicacións nos vosos trebellos?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply