Wiko Rainbow 4G, outra opción económica para navegar a toda velocidade

wiko rainbow 4g

 

 

A forte competencia no eido dos smartphones está a conseguir produtos moi interesantes a prezos realmente contidos. Un exemplo disto é o novo Wiko Rainbow 4G, un dispositivo que aspira a competir cos trebellos low cost con soporte para as novas redes 4G.

Está provisto dunha pantalla IPS de 5 polgadas, con resolución 1280 x 720, procesador de catro nucleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que podemos ampliar mediante tarxetas microSD de até 32 GB. A súa batería é de 2500 mAh e dispón de cámaras de 8 e 2 Mpx, para traseira e frontal respectivamente.

Como podedes ver, trátase dun dispositivo moi equilibrado en canto a prestacións e prezo, pois só custa 159 €. Está xa á venda en diversas cores, como branco, negro ou azul turquesa.

Sobre o autor

Reply