Whatsapp e o dobre check azul.
Sen dúbidas esta foi a nova semana por todo o que se montou ao redor. Por se alguén aínda non o sabe, coa última actualización a app permítenos saber se o receptor da mensaxe leu ou non esta mensaxe. Para isto, o dobre check tradiciónal pasa a cor azul confirmando a lectura.
Moitos xa o ven coma unha invasión na privacidade, outros só están molestos porque adiantan que terán que dar una recua de explicacións cando non responden ao momento e se cadra, aos menos dalles igual. O que sí, é que ás poucas horas xa se atoparan trucos para evitar que o dobre check se volva azul: podemos xogar co modo avíón antes de entrar a ver unha notificación ou podemos activar as notificiacións emerxentes coa pantalla apagada.
Será este o momento de pasarse a Telegram ou Hangouts?
Lenovo, tercer fabricante a nível mundial.
Se fai poucas mallas falabamos de que Xiaomi conseguiu situarse no terceiro posto de fabricantes, xa non podemos seguir dicindo isto. Pouco lle durou, xa que nestas datas ao oficializarse a adquisición de Motorola Mobility por Lenovo fixo que con esta operación sexa agora Lenovo o terceiro fabricante mundial.
Os Moto G e Moto E baixan de prezo.
A aposta de Motorola por estes terminais está clara e o certo é que son as mellores opcións na gama media baixa en relación calidade/prezo. A isto, temos que engadir que esta semana coñecimos unha rebaixa no prezo destes modelos o que fai aínda máis atractiva a súa compra. Os novos prezos son:
- Moto E: 89€
- Moto G: 139€
- Nuevo Moto G: 160€
Estes prezos podedes atopalos se os mercades dende a web de Amazon.