Media Markt presenta Simly, a súa OMV só de datos

A cadea de tendas Media Markt vén de lanzar Simly, unha marca coa que entra de cheo no mercado dos proveedores de internet móbil, algo que cada vez valoramos máis fronte as chamadas.

Tendo en conta estes cambios nos hábitos de consumo, Media Markt chega ofrendo diferentes bonos de datos mensuais que van desde os 500 megas até os 10 gigas  e que ademais podemos empregar tanto en España coma no extranxeiro a diferentes prezos.

simply 02

Os bonos para navegar no Estado español teñen un custo desde 6,9€ (para 1 giga) até 29,99€ (para os 10 gigas), como vemos na imaxe. Para outros lugares do extranxeiro temos paquetes de datos desde 12,99€ até 88,99€, dependendo do punto do Planeta no que queremos estar conectado e do volume de datos que precisemos. Os datos fóra do bono custan 3 céntimos por mega extra consumido se nos atopamos en territorio estatal e 20 céntimos, se estamos fóra deste.

Un punto a ter en conta é que se temos contratado o Plan España non precisamos mudar de plan se viaxamos ao extranxeiro, xa que se a viaxe é curta podemos seguir co noso Plan España cun sobrecusto de 20 céntimos por mega consumido.

A cobertura que emprega Simly é a de Yoigo e cando non teñamos esta, estaremos conectados á rede de Movistar e só baixo redes 3G. Ademáis debemos sinalar que até o 31 de decembro deste ano temos unha promoción pola que recibiremos o dobre de datos que contratemos. Nada mal, non?

Polo de agora temos que dirixirnos ás tendas físicas de Media Markt para darnos de alta, pero proximamente tamén o poderemos facer dende a web. Nesta ligazón atoparedes información máis polo miúdo para darlle resposta ás vosas dúbidas.

Sobre o autor

Reply