Troposfera QA, unha renovada app para medir a calidade do ar

Vimos de probar estes días Troposfera QA que é unha aplicación feita por desenvolvedores galegos e serve para coñecer o índice de calidade do ar para saber se temos que tomar algunha precaución ou non. A cotío estamos preocupados por saber se chove ou fai sol, se fará frío… pero poucas veces miramos como é a calidade do ar que respiramos.

troposfera 05

O funcionamento da app é moi sinxelo, só temos que configurar unha localización que pode ser na que estamos ou meter a man un destino determinado. Unha vez completado este paso, temos toda a información que nos amosa a aplicación como vemos na seguinte captura.

troposfera 03

Ademáis de poder facer unha consulta para unha hora determinada do día (parte inferior da captura), temos moitas opcións para recibir información polo miúdo e só temos que premer na interrogación ou en +info para acceder a ela. A información que nos achega a app podémolo ver nas seguintes capturas.

troposfera 02

troposfera 04

Todo está moi ben explicado e con detalle, polo que non precisamos coñecer todos estes termos, que de primeiras poden resultar novidosos para moitas de nós, ademáis de aportarnos información valiosa.

A maiores a aplicación ten unha opción para descubrir novas relacionadas co medio ambiente ao que podemos acceder dende o menú na parte esquerda.

Se estades interesados en descargar Troposfera QA, tédela dispoñíbel para a descarga de balde na Google Play Store.

Sobre o autor

Reply