Autorretratos hóuboos toda a vida, aínda que desde hai algún tempo son selfies. E están de moda. Por iso cada vez é máis habitual temos cámaras boas nas frontais dos smartphones ou aínda mellor: cámaras rotatorias como as dos trebellos de Oppo.
Un paso máis aló vai Nixie, que mixtura o mellor dos wearables co mellor dos drones nun trebello, tecnoloxicamente falando, moi interesante. Trátase dun prototipo que integra un chip Edison, de Intel, xurdido do concurso Make it Wearable impulsado por este fabricante.
Nixie istá pensado para colocarse no pulso, como un reloxo máis. Cada vez que queiramos empregalo tan só teremos que axitar o brazo para impulsar o trebello e que este comece a voar. Será o propio dispositivo o que se encargue de buscar e enfocar ao usuario para captar coa súa cámara as mellores perspectivas.
Que vos parece a idea? Credes que ten sentido un trebello destas características ou o tema das selfies estásenos indo das mans?