Novos Wave 8 e Wave 4, potencia a prezos contidos da man de Wolder

smartphone-wolder-mismartWAVE8-5pulgadas-3D-BB

Wolder vén de anunciar o lanzamento de dous novos trebellos, o miSmart Wave 8 e o miSmart Wave 4, ambos practicametne idénticos, agás polo procesador e a memoria interna dispoñíbel.

O Wave 8 é un dispositivo referencial, cun procesador de 8 núcleos a 1,7 GHz e 16 GB de memoria interna, mentres que o Wave 4 ten un procesasdor quadcore a 1,3 GHz e unicamente 4 GB de memoria. En ambos casos pódense empregar tarxetas microSD para ampliar a memoria.

Os dous integran unha pantalla IPS OGS HD de 5 polgadas (1280 x 720), cámaras de 16 e 5 megapíxeles, a principal fabricada por Sony, e batería de 2000 mAh.Veñen con Android 4.4 KitKat e dispoñen de dobre ranura SIM, para poder empregar dúas liñas a un tempo.

O Wave 8 pódese mercar a través da web do fabricante por 199 €, mentres que o Wave 4 ten un PVP de 179 €.

Sobre o autor

Reply