Despois do gran éxito que obtivo Dots que xa chega os dez millóns de descargas, a compañía Playdots, Inc. ven de publicar no Play Store o segundo capítulo da serie: TwoDots.
O estilo de xogo que nos imos a atopar é moi similar o seu predecesor, melloráronse os gráficos así como os modos de xogo que o fixeron a súa vez máis interesante. Os protagonistas desta nova aventura serán dous puntos que viaxarán polos diferentes mundos que nos atoparemos no xogo, dende a tundra ártica ata as profundidades do océano.
Cada nivel que xoguemos será diferente e teremos que cumprir uns obxectivos para superalo con éxito, ademáis de unir puntos da mesma cor, nesta nova entrega teremos obstáculos e poderemos crear bombas, combatir lumes e moitas máis cousas que descubriredes en canto xoguedes.
TwoDots conta con logros, postais que en función que avancemos iremos desbloqueando e a súa vez, tamén poderemos retar os nosos amigos nas redes sociais como Facebook para competir polo medalleiro final. O xogo é free to play, polo que atoparemos compras integradas.
Estou totalmente de acordo co título da entrada, engancha máis ca nunca. Un “must”, polo menos para min :).
sin dudaa!!! Jajaja