OTG: que é e para que serve unha función útil e ao tempo descoñecida dos nosos Android

usb-otg-logo-680x339Xa falamos do tema hai algún tempo, pero hoxe dámoslle outra volta máis práctica a unha funcionalidade dos nosos smartphones á que non lle sacamos o partido que deberiamos: o USB OTG.

Que é OTG?

OTG é o acrónimo de On-The-Go, unha funcionalidade que teñen moitos dispositivos Android e que serve para empregar o mesmo microUSB que usamos para cargar como lector de dispositivos USB (por exemplo un pendrive).

Que conseguimos con isto?

Se de primeiras non lle vedes utilidade, pensade que podedes, por exemplo, reproducir todo tipo de contido multimedia que teñamos nese pen a través do smartphone, o que pode ser de interese nas viaxes.

Ademáis, hoxe en día os teléfonos van sendo cada vez máis finiños ou unibodys, polo que en moitas ocasións se queremos un terminal destas características, temos que renunciar ao slot de tarxetas microSD. De dispomos dun terminal con USB OTG, poderemos usar un pen para mover contido desde o noso smartphone a outro dispositivo dun xeito sinxelo a modo de copia de seguridade.

Outro posíbel uso é conectarlle un gamepad para xogar aos nosos xogos favoritos.

Para poder desfrutar desta tecnoloxía só precisamos 3 cousas:

  1. Evidentemente, un terminal cun USB-OTG.
  2. Un cable adaptador usb-microUSB que son moi baratos. Nesta ligazón tedes algunhos exemplos.
  3. Un explorador de arquivos. De non ter ningún explorador instalado, podemos descargar na ES File Explorer desde a Play Store.

Pensades que é unha funcionalidade útil para vós?

Sobre o autor

Reply