Como xa temos comentado nas últimas semanas, Google incluíu o galego na última actualización de Android, 5.0 ou Lollipop, xunto a outros 14 (entre eles o euskera), aínda que non o está a incluír nas actualizacións aos seus trebellos Nexus anteriores, dándolle consideración de especificación premium.
A conta oficial de Android aproveitou onte para saudar por vez primeira ás novas linguas cunha imaxe que compartiu nas redes sociais, nas que se ve un androíño que fala galego e outro que saúda en euskera. A imaxe forma parte desa campaña be together, not the same que está a levar a cabo Google e que fai especial fincapé na diversidade dentro do amplo espectro de Android.
Decepcionado porque o meu nexus non está en galego trala actualizacion.
Totalmente Juan, esta política de Google é rancia e non fai xustiza aos seus movementos tradicionais nestes temas 🙁
Yo he actualizado a 5.0 y sigue con el problema de que es una simple traducción, no sé si del inglés o del castellano al gallego. Algunos términos hasta aparecen en turco cuando pongo la versión en GALEGO. Creo que verdaderamente no se ha hecho una versión en GALEGO sino una simple traducción automática. Ya pasaba lo mismo con la anterior versión la 4.4.4. Por cierto, ¿no se ha dado cuenta nadie de esto? Tengo un LG G3.