Por fin Whatsapp vólvese (un pouco máis) seguro
Por se non o sabiades, até o de agora as mensaxes de Whatsapp non tiñan ningunha clase protección, polo que calquera que interceptara esa mensaxe podía ler as nosas conversas.
Esta semana publicouse por fin, que Whatsapp vai introducir o cifrado extremo a extremo co que cada usuaria terá unha clave que cifra e descifra as mensaxes. Esta clave, Whatsapp é o encargado de intercambiala entre as usuarias para poder ler as mensaxes cando as recibimos, un modelo semellante ao empregado por Telegram.
Que incorporen esta protección no está de máis, pois se tanto nos preocupa que os nosos contactos vexan o dobre check azul, máis nos debera preocupar que as nosas conversas acaben en mans de calquera. Así, canto menos, seralles un pouco máis difícil.
Atresplayer e Chromecast: unha unión moi interesante
A actualización da aplicación de Atresmedia permítenos disfrutar de todo o seu contido na nosa televisión cando o desexemos se temos un Chromecast, pois desde esta semana a xa é compatíbel co dispositivo de Google. Xa que logo, ademais de ter acceso a contidos en directo, agora poderemos ser nós mesmas quen teñamos o control dos horarios.
Google Keep, agora con notas colaborativas
Nunha recente acctualización, incorporouse a Google Keep as notas colaborativas. Como indica o seu nome, desde agora podemos compartilas con outras usuarias, que ademáis de consultalas, poden editalas.
Pensamos que isto é o camiño a seguir con este tipo de aplicacións xa que a posibilidade de compartir, crear e editar de forma conxunta entre ususarias dálle unha funcionalidade necesaria, co que conseguimos transformar unha app interesante, nunha aplicación moito máis potente.