Vodafone vén de anunciar a celebración do Black Friday cunha promoción que comeza mañá, 25 de novembro, e que durará até o xoves 4 de decembro, ambos inclusive. Durante este días, os clientes que fagan unha portabilidade a Vodafone de orixe contrato ou unha migración de prepago a contrato, elixindo un plan de prezos Smart ou Red con compromiso de 18 meses na tarifa, poderán levar un smartphone Android sen ter que gastar un peso.
Os teléfonos incluídos nesta promoción son o LG G2 Mini, o Samsung Galaxy Express 2, o Sony Xperia M2 Aqua, o Huawei Ascend P7, o LG F60 e o Vodafone Smart Power, todos eles trebellos que empregan Android. Poderanse adquirir tanto nas tendas físicas que a operadora ten distribuídas por todo o País como a través da tenda en liña.
Ademais, só este venres e só a través da tenda en liña, aquelas persoas que adquiran un Samsung Galaxy Note 4 provintes con portabilidade desde contrato terán un desconto de 50 €.
A continuación podedes ver as tarifas compatíbeis con esta promoción
PLANS | |
SMART S
|
200 MIN. + 800 MB
SMS 12 cént. 19€/mes |
SMART M
|
200 MIN. + 1,1 GB
SMS 12 cént. 22€/mes |
RED M |
Chamadas e SMS Ilimitados + 2,5GB
3 meses YOMVI ou Napster Cloud 10 GB 32€/mes |
RED L |
Chamadas e SMS Ilimitados +4GB
2 anos YOMVI ó Napster Cloud 30 GB 39€/mes |
RED XL |
Chamadas e SMS Ilimitados +
Roaming en Europa, Comparte os teus Datos 6GB, 2 anos YOMVI ó Napster Cloud 60 GB 50€/mes |
*Todos os prezos inclúen IVE.