Ademais da tablet Aquaris E10 da que vos vimos de falar, bq tamén descubriu o novo Aquaris E5 4G, que mantén o deseño dos seus irmáns e, como vemos no nome, é o primeiro smartphone da compañía en soportar redes 4G grazas ao novo chip, que xa non é MediaTek e pasa a ser Qualcomm, en concreto o Snapgragon 410.
Con estas novas características, bq remata dunha tacada co que moitas consideraban como unha das eivas importantes que pesaban moito á hora de decidir se mercar ou non un smartphone da empresa española. En canto á conectividade contamos con WiFi b/g/n, Bluetooth 4.0, GPS/A-GPSO e dual sim (as dúas soportan 4G). O resto de características son as seguintes:
| Aquaris E5 4G | |
| Polgadas/Resolución/ppi | 5 / 720 x 1280 / 294 |
| Dimensións | 143 x 72 x 8.7 mm |
| Procesador (64 bits) | Snapdragon 410 a 1,2 GHz |
| GPU | Adreno 306 |
| RAM | 1 GB |
| ROM | 16 GB |
| Batería | 2850 mAh |
| Cámaras | 13 mpx BSI Exmor-RS f/1,8 / 5mpx (f/2.2) |
| Versión de Android | Android 4.4.4 Kit Kat, actualizábel a Lollipop |
| Prezo | 219,90 € |
| Dispoñibilidade | A partir do 28 de novembro |
Que vos parece o novo trebello?

