DosisPedia, a aplicación para pediatras desenvolta por Smart GalApps

dosispedia smartgalapps

Desde Smart GalApps veñen de dar a coñecer a aplicación na que están a traballar, que chegará a mediados do mes de decembro de xeito gratuíto para todos os nosos Android (tamén para iPhone). Chámase DosisPedia e aspira a ser unha ferramenta imprescindíbel para todo o persoal sanitario especialista na medicina infantil, como pediatras e outros profesionais similares.

A través da aplicación, as facultativas poderán consultar rapidamente a información sobre os diferentes fármacos e as doses acaídas para cada doenza, atendendo a cuestións como o peso da doente a tratar. Dispón dun sistema de categorización por especialidades para un acceso máis ordeado, ademais dun buscador para ir ao grao se se ten claro o medicamento que se quere empregar.

DosisPedia_Imagen_Promocional

DosisPedia é unha aplicación froito do traballo conxunto do equipo de pediatría do Hospital a Costa, o Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Lugo e Smart GalApps. Como comentamos ao comezo do artigo, chegará a mediados do próximo mes, mais se queredes apuntarvos para recibir máis info podedes visitar a esta ligazón.

Sobre o autor

Reply