Xa temos aquí o Meizu MX4 Pro

Meizu-MX4-Pro3

Fai uns días foi presentado en sociedade un dos terminais que vai soar con moita forza neste 2015, o Meizu MX4 Pro xa está aquí e polo que semella ven para dar guerra. O novo terminal da compañía chinesa confirmou algunha das especificacións que xurdiran sobre Meizu MX4 Pro días antes da súa presentación na maioría webs chinesas.

Entre as diferentes especificacións que se presentaron neste terminal podemos comezar falando sobre a súa pantalla. Como xa dixera o seu CEO, o Meizu MX4 Pro posee unha pantalla de 2K pero cun formato diferente o resto de pantallas de 2K no mercado, polo feito que Meizu prefire un formato 15:9 (2560 x 1536). Protéxese mediante un laminado de Corning Gorilla Glass 3.

Meizu MX4 Pro

O chipset que monta o Meizu MX4 Pro é un Samsung Exynos 5430 @ 20 nm, composto de catro núcleos Cortex-A15 @ 2.00 GHz + catro núcleos Cortex-A7 @ 1.50 GHz unidos a unha gráfica Mali-T628 MP6 e 3 GB de RAM. Se falamos de almacenamento atopamos tres modelos de 16, 32 e 64 GB, sen opción de ser ampliables xa que dito terminal ven sen ranura microSD.

Se falamos da súa cámara atopamos un sensor Sony Exmor RS IMX220 de 20.7 megapíxeles con dobre flash LED para a súa cámara traseira e na frontal unha cámara OmniVision OV5693 de 5 megapíxeles.

Meizu-MX4-Pro

En canto ó son Meizu, como fabricante de dispositivos de audio, quixo dotar o seu novo terminal cunha calidade audio increíble, posiblemente ningún otro teléfono reúna tódalas características no mercado. Vén equipado cun procesador de son ES9018 e cunha potencia de 123 db.

Se falamos de conectividade, o Meizu MX4 Pro ofrece WiFi 802.11ac de dobre banda, Bluetooth 4.0, NFC, 4G LTE cun sistema operativo basado en Android 4.4.4 KitKat con la interfaz de usuario Flyme 4.1 con algunha novidade en canto ás animacións e efectos.

Unha das súas novidades que se gardou o mellor posible a indiscrecións foi a presencia dun sensor de pegadas dixitais, neste caso falamos do primeiro terminal Android cun sensor biométrico a 360º con respota en 0.5 milisegundos. E unha batería de 3350 mAh para non ter ningún tipo de problema en canto a autonomía.

meizu-mx4-pro-lector-huella

Buscando estes foron os prezos que atopamos para cada un dos diferentes terminais do Meizu MX4 Pro.

  • Meizu MX4 Pro 16GB: 2,499.00 CNY = 325 EUR
  • Meizu MX4 Pro 32GB: 2,699.00 CNY = 352 EUR
  • Meizu MX4 Pro 64GB: 3,099.00 CNY = 404 EUR

Vía

Sobre o autor

3 Comments

  1. Rubenix 25 Novembro, 2014 Responder
  2. LUIS 25 Novembro, 2014 Responder
    • Eugenio 25 Novembro, 2014 Responder

Reply