Mininovas Android: a malla da semana

bq lanza o seu primeiro spot publicitario

Esta semana foi movida para a empresa bq. Presentaron un novo terminal, o bq Aquaris E5 4G que como principal novidade conta cun procesador Snapdragon 410 e soporte 4G e tamén achegáronos unha nova tableta Android a bq Aquaris E10.

Ademáis vimos o seu primeiro anuncio co que tentar darse un pouco máis a coñecer e dixido polo afamado Álex de la Iglesia.

Xiaomi lanza a súa tenda de apps a nível global

Xiaomi-Logo

Xiaomi ten claro o camiño a seguir e para isto vai dando pasos para facer recoñecíbel a marca máis aló das usuarias máis geeks. Para acadar o obxectivo vén de facer accesíbel desde todo o mundo á súa tenda de aplicacións, a cal é moi completa e compatíbel con terminais Android. Esta é unha das moitas tendas que podemos atopar en territorio chinés, xa que debemos lembrar que pola censura, non se permite acceso á Google Play Store.

Un punto que nos gusta especialmente desta tenda é que a comunidade que a apoia, aposta por facer aplicacións específicas para gadgets e así podemos atopar unha morea de apps para a tablet Xiaomi Mi Pad. Pensamos que é o camiño a seguir.

O FirePhone a 199$

amazon

Se é que non podía ser. Esta semana coñecimos esta enorme rebaixa do prezo do terminal estrelado de Amazon, o FirePhone. Saiu aló polo mes de xuño, cunhas boas especificacións pero con dúas eivas importantes: o prezo e a ausenza da Google Play polo que só tiñamos acceso á tenda de apps de Amazon. Esta arriscada aposta non lle saiu ben a Amazon e ven de deixar o prezo libre do terminal a 199$.

Hoxe os ecosistemas que rodean aos OS son moi importantes e a posibilidade de ter unha boa tenda de apps é decisivo, e sen deixar de lado os seus problemas, a Play Store de Google é das mellores.

Rumor: Sony Xperia Z4

z4 filtradas

Si si, ledes ben. Esta semana filtráronse unhas supostas imaxes co que debe ser a seguinte evolución da familia Xperia Z xunto con algunhas das súas características. Hai apenas 3 meses lanzaron o Z3 e xa aparecen datos sobre o Z4 que todo apunta a que a súa presentación podería ser no CES de Las Vegas.

Nós non concordamos con este calendario de actualización que mantén Sony coa familia Xperia Z, xa que a continua renovación deste terminal tope de gama pode xogar en contra das súas previsións de ventas, pois o gasto que temos que facer é moi elevado e sabendo como se renovan frecuentemente, igual agardamos polo seguinte modelo ou a que un anterior baixe de prezo. Agora ben semella que non lles vai mal pois doutro xeito mudarían o seu comportamento.

Amazon agasállanos con 100€ en aplicacións

amazon apps gratis

Estamos vivindo estes días o que nos EUA chaman o Black Friday e para eles é o día de rebaixas máis forte do ano. Esta costume americana vaise asentando no noso país sobretodo para compras on-line.

Neste contexto queremos destacar que Amazon vén de facer gratuítas unha listaxe de aplicacións coa que poderemos aforrar até 100€ se é que estamos interesados en todas. Nesta ligazón podedes ver cales son esas apps. Lembrade esta promoción remata hoxe.

Sobre o autor

Reply