O novo Samsung Galaxy Note Edge chega ao noso País da man de Vodafone

galaxy note edge

No pasado IFA de Berlín Samsung presentou o Galaxy Note 4 xunto unha versión un tanto peculiar, o Galaxy Note Edge, un trebello cuxa pantalla vitaminada cun segundo panel lateral que permite ter espazo para notificacións e acceso a aplicacións no lateral, que hoxe foi presentado en Madrid como paso previo á súa posta á venda, a partir do 9 de decembro.

A pantalla que o fai peculiar ten un tamaño de 5,6 polgadas, con resolución 2560 x 1440 píxeles e protección Gorilla Glass 3. No seu interior un procesador SnapDragon 805 a 2,7 GHz, xunto con 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. A cámara principal é de 16 megapíxeles e a frontal de 3,7, mentres que a súa batería fica nos 3000 mAh.

Para sacarlle todo o partido á pantalla curvada, Samsung desenvolveu Revolving UX, unha adaptación de TouchWiz sobre Android 4.4.4 que permite dotar a esa parte do panel de funcionalidades extra e acceso a aplicacións de xeito máis doado.

O Galaxy Note Edge comercializarase por 898,99 € na súa versión libre a través da tenda de Samsung (869 en El Corte Inglés), aínda que Vodafone tamén o incorpora ao seu catálogo en exclusiva até xaneiro, onde o podemos atopar financiado coas tarifas RED e Base desde 0 €, conseguindo un aforro que pode chegar aos 443 € sobre o PVP oficial no mellor dos casos. Que prefira collelo sen financiación a través da operadora británica tamén poderá facelo pagando 738 €.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply