Hoxe queremos achegarvos un divertido xogo chamado Pastry Paradise, cunha mecánica de xogo moi sinxela, onde só temos que xuntar un mínimo de tres pezas iguais para así facelas desaparecer e ir conseguindo os obxectivos marcados para cada nível.
Detrás desta sinxela mecánica hai unha divertida historia. A protagonista da historia é Hannah, unha pasteleira que mesturando ingredientes (as pezas que temos que xuntar) ten que facer o pastel máis saboroso posíbel.
Outros modos de xogo, atopámolos nos primeiros níveis que ademáis de ser sinxelos, son unha toma de contacto para aprender a xogar, que movementos nos da máis puntos,… como vemos na captura da esquerda: temos que acadar 500 puntos xuntando doces de tres en tres (como mínimo).
A medida que imos ascendendo neles, tamén aumenta a dificultade o que fai o xogo máis entretido, e así, como vemos na captura da dereita, o obxectivo e acabar cos pasteis podres.
Para darlle máis axilidade ao xogo, entre os níveis temos dó entre pasteleiros, cunha mecánica diferente que consiste en ser o primeiro en acadar 30 doces (pezas) antes que o noso rival.
Coma en calquera xogo destinado a dispositivos móbiles, podemos compartir os nosos progresos en redes sociais, temos diferentes opcións de configuración (notificacións, sons,…), outra zona con táboas para ver con orde as nosas medallas e logros e mesmo unha tenda na que poder canxear as medallas que imos conseguindo durante o xogo por axudas extra.
En resumo, pensamos que é un xogo entretido co que pasar bos momentos sós ou acompañados. Podemos atopar este xogo na Play Store para descargalo de balde.