A última versión de Android, Lollipop, vén de recibir a primeira actualización, á versión 5.0.1, que xa está dispoñíbel para descargar nalgúns dispositivos Nexus e que imaxinamos irá chegando aos diferentes trebellos a través de OTA.
Trátase da típica actualización “arranxa bugs” despois de calquera nova versión, entre os que estarían o que provocaba reinicios aleatroios, os relacionados co WiFi ou co desbloqueo da pantalla que temos comentado. Ademais, coméntase que a actualización mellora a autonomía dos wearables con Android Wear, o cal sempre é de agradecer tendo en conta que este é o seu aspecto máis crítico.
Nas seguintes ligazóns podedes descargar as imaxes de fábrica, de momento só dispoñíbeis para as seguintes tablets: