Non son poucas as campañas que a Dirección Xeral de Tráfico ten realizado para concienciarnos dos perigos de conducir co móbil. A última delas, cuxo spot podedes ver abrindo este artigo, fai especial fincapé nos despistes que producen as aplicacións de mensaxería instantánea como o WhatsApp.
Baixo o lema ‘Ao volante, o 99% da túa atención non é abonda’, o vídeo reproduce diversas esceas nas que manexamos ferramentas que, non usandas con atención, poden causar mortes.