Así sería Google.com con Material Design

google-material2
Desde a primeira vez que Google falou de Material Design todas ficamos abraiadas. Android precisaba un importante lavado de cara e as liñas mestras propostas por Material eran a resposta. Os cambios teóricos fóronse facendo evidentes coa chegada de Android 5.0 – Lollipop, mais tamén coas sucesivas actualizacións de aplicacións como as de Google, que adaptaron a súa estética á nova interface.

google-material3

O deseñador Aurélien Salomon propón ir un paso máis aló e trasladar Material Design á web, e non a calquera web, senón á propia Google. Para ilo vén de presentar unha proposta ou concepto na que amosa como quedaría Google.com se lle aplicásemos este deseño.

É moi complicado que proximamente vexamos un cambio desta embergadura na páxina principal de Google, sobre todo porque a compañía leva anos apostando por un formato minimalista, que se traduce en velocidade, limpeza e comodidade para as usuarias. Porén, non deixa de ser curioso o resultado destas probas de Aurélien. Gústavos?

Sobre o autor

Reply